Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta licita a restauración da Igrexa de Santo Estevo de Negros en Redondela

igrexa

Cun orzamento de preto de 62.000 euros, a intervención ten como obxectivo resolver os problemas de estanqueidade e ventilación do templo, que data do século XIX e ten consideración de ben catalogado. A actuación o cambio completo de cuberta da nave da igrexa e a substitución da marquesiña de chapa metálica do acceso á sancristía por unha nova con estrutura de madeira e tella.

No caso da cubrición, ademais de renovala modificarase a súa pendente, co fin de mellorar a evacuación de augas pluviais. Así mesmo mudaranse as fiestras por outras novas con perfís de aceiro inoxidable mate que incorporen ventilación permanente.

Con esta restauración a Consellería de Cultura, Educación e Universidade porá solución a algúns dos problemas derivados da última intervención neste ben, no ano 2002, cando se substituíron todas as cubertas e se construíu un cabido sobre columnas cadradas, cuxa cuberta foi executada con menos pendente da orixinal, que resultou moi escasa para a correcta evacuación das augas de choiva. Ademais, as solucións de cubrición adoptadas naquel momento resultaron non ser axeitadas.

A maiores de resolver a entrada de auga e a ventilación, o fin último desta obra é a posta en valor deste ben para que poida ser empregado como recurso para o desenvolvemento sustentable e a promoción socio cultural, laboral e económica do ámbito territorial no que se atopa, aplicando criterios e políticas de actuación que persigan, ademais, o desenvolvemento local, a creación ou promoción do emprego e o respecto polo medio ambiente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará