Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bolboretas no mes da eliminación da violencia contra a muller

25n

As actividades, que terán o seu día central o 25 de novembro, desenvolveranse todo o mes coa finalidade de chegar a toda a cidadanía e que esta se involucre na erradicación desta lacra social. Unha das actividades que se manterá todo o mes consistirá en decorar a vila con bolboretas en lembranda das irmás Mirabal coñecidas como Las Mariposas asasinadas un 25 de novembro e motivo polo que, esa data é internacionalmente recoñecida como o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

A propostas chega do Consello da Muller e recolle unha iniciativa da profesora de relixión católica do IES Mendiño, Almudena Suárez Cerviño, que propuña decorar a clase con bolboretas para honrar a memoria das irmás Mirabal.

Con esta idea de base, acordouse ampliar o ámbito de actuación da iniciativa de xeito que bolboretas de papel adobíen os edificios municipais –mercados de abastos e instalacións educativas, de colectivos de mulleres e daquelas relacionadas coa terceira idade (como os centro de día Cortizos, Centro de día de Cesantes, Galeón, Arela) ou asociacións como Lenda, Andaina, AFAGA e o Centro sociocomunitario–. “Bolboretas que sirvan de chamada de atención permanente da necesidade de loitar por unha sociedade máis igualitaria, máis xusta e máis decente”, afirmou alcaldesa redondelá.

Do mesmo xeito, carteis explicativos colocados en diversos lugares de Redondela, darán a coñecer quen eran Las Mariposas, a súa vida e loita contra a inxustiza social, e a súa morte, vilmente asasinadas, para que sexan un recordatorio permanente de dignidade e compromiso.

O programa presentado no Consello da Muller, busca tamén a participación activa dos centros de ensino do municipio dende o convencemento de que “a loita contra a violencia de xénero ten que comezar por fomentar a igualdade nos centros educativos”. Nesa liña proxectarase unha curtametraxe dirixida ao alumnado de 4º da ESO e que, debido as actual situación de emerxencia sanitaria, farase baixo o formato de videoconferencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará