Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia irregularidades na adxudicación das obras de acondicionamento da Praia de Rande

acceso rande

Aseguran que as obras, practicamente rematadas, fixéronse “sen completar o expediente de adxudicación” polo que oficialmente ningunha empresa foi designada para executar estes traballos. Uns feitos foron cualificados como “moi graves” pola voceira do Grupo municipal popular, Carmen Amoedo, que advirte das consecuencias que estas irregularidades lle poden traer ao concello á hora de xustificar a subvención ante Deputación.

Explican dende o PP que se trata dunha obra que carece da resolución de adxudicación do Concello xa que no expediente so consta a proposta feita polo concelleiro delegado, cando a obra xa está rematada, non se coñece a empresa que debería asumir o encargo, nin cal é o responsable técnico municipal designado.

“Atopámonos ante unha decisión absolutamente irregular e discriminatoria, froito das presas polo inminente finalización do prazo para xustificar a subvención saltándose os procedementos que se viñan levando a cabo nos contratos menores de obras”, e que pode traer para o Concello graves prexuicios como a perda da subvención, advertiu Amoedo, que ademais esixiu a Alcaldesa “que saia a dar unha explicación satisfactoria de inmediato, ou nos veremos obrigados a dirixirnos á Deputación de Pontevedra para que valore estes feitos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará