Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prepara unha gran homenaxe ao Mestre Iturralde

pedro iturralde

O Conservatorio Victor Ureña recibía con pesar a noticia do falecemento do músico Pedro Iturralde, un dos grandes exponentes da música jazz e pioneiro do jazz fusión. Moi vinculado a Redondela, vila que visitou ata en tres ocasións, a última hai apenas un ano cando se subía ao escenario xunto con músicos da vila. Deixa sen concluír un proxecto que estaba sobre a mesa: gravar un disco. Un proxecto que foi adiado por mor da pandemia e que agora xa non poderá ser.

Jose Pérez Arias lembras o pasamento de Pedro Iturralde

“Unha lenda do jazz”, así é como o define o que fora o seu alumno e actual xefe de estudos do Conservatorio, José Pérez Arias, quen lamenta o falecemento do músico navarro, quen nos dicía adeus na xornada de onte aos 91 anos de idade.

Saxofonista, clarinetistas e compositor, Iturralde é un dos máximos exponentes do jazz e pioneiro do Jazz Flamenco, denominación  que lle deu nome a un disco que gravou en 1967 con guitarrista Paco de Lucia. Os seus éxitos como instrumentista foron innumerables, destacando tamén como compositor de bandas sonoras de películas, entre elas El viaje a niguna parte de Fernando Fernán Gómez.

Salienta tamén Pérez Arias o seu traballo como docente que permitiu dar unha maior entidade ao saxofón. Lamenta que a pandemia arruinara un proxecto que estaba en marcha, a gravación dun disco con Conservatorio, algo que xa non poderá ser.

Unha lenda como instrumentista e como docente

Unha situación sanitaria que fai difícil tamén despedir ao Mestre como se merecía, polo que dende o Centro educativo anuncian que, unha vez a situación o permita, organizarase un gran acto homenaxe a Iturralde.

Dende o Conservatorio queren facerlle unha homenaxe “en canto a situación sanitaria o permita”
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará