O conxunto de Primeira Nacional sumou o seu primeiro triunfo neste inicio de temporada na Primeira Nacional, nun difícil encontro ante o Ingenio. O Rodosa Chapela perdeu ante outro dos candidatos á fase de ascenso, o Calvo Xiria. Na División de Honra Prata Feminina quedou aprazado o partido da SAR co Asmubal polo mal estado da pista cando levaban disputados 6 minutos de xogo con empate a 2 goles no marcador.
Primeira Nacional
SAR 27-Ingenio 21
Primeira vitoria da SAR, que superou en Redondela ao conxunto canario. Despois dun inicio difícil de liga onde acumularon 4 derrotas consecutivas, o equipo de Pablo Muiños estreou o casilleiro. O rival púxolle as cousas difíciles, non foi até pasada a metade da primeira parte cando empezaron a dominar no marcador. Un parcial de 9-0 permitiu á SAR pasar dun 6-8 en contra, a un marcador de 15-8 a favor dos redondeláns co que chegaron ao descanso. Na segunda parte a SAR aguantou a vantaxe, freando as intencións do equipo canario por recortar distancias. Cos dous primeiros puntos no casilleiro, a próxima fin de samana a SAR visita a pista do Bueu Atl.
Calvo Xiria 30-27 Rodosa Chapela
Era un dos partidos máis importantes da xornada, e non defraudou. Un partido no que puido verse un xogo de calidade por parte de dous dos equipos chamados a pelexar pola fase de ascenso. A derrota dos de Fran Teixeira lévaos ao 3º posto da táboa, e abandonan o liderado que compartían, precisamente, co Xiria. Na próxima xornada o Rodosa terá tamén unduro rival, reciben no Manuel González Soto ao Cañiza, 5º na táboa e aspirante tamén aos postos de cabeza.
Honra Prata Feminina
Asmubal – Rodavigo (Aprazado)
O encontro disputado no pavillón de Coirón quedou aprazado polo mal estado da pista . A condesación do terreo de xogo, que facía perigosa a práctica do balonmán obrigou a parar o partido cando levaban disputados 6 minutos de xogo. Nese momento o marcador reflectía un empate a 2 goles. Cando se acorde unha nova data disputarase o resto do encontro. Agora o equipo de “Chini” González prepara o encontro desta fin de semana, recibirán en Redondela ao Xixón, coas asturianas no 6º posto da táboa.