En Galicia Sensacións Turísticas esta semana optamos por unha ruta de sendeirismo que temos moi preto. Rosana Prieto lévanos ás Salinas do Ulló, en Vilaboa. O paseo, accesible e circular, permite unha fermosa visa panorámica da enseada de San Simón, onde atopamos un interesante muiño de maré. Tamén podemos visitar as ruinas da Granxa das Salinas, unha edificación onde viviron os traballadores desta explotación de sal, que funcionou desde finais do século XVII ata comezos do XX.
Cousas de hoxe: Tina Turner
Esta foto está baixo licenza Creative Commons Manuel Álvarez Moreira achéganos hoxe a historia de Anna Mae Bullock, máis coñecida como Tina Turner. Alcumada como a Raiña do rock&roll, mantívose