Esta semana, no espazo Galicia Sensacións Turísticas, achegámonos a Zamáns. Rosana Prieto fálanos deste Roteiro Etnográfico, un paseo circular duns 4 quilómetros. Seguiremos a canle dos ríos Vilaza e Zamáns, e gozaremos dunha contorna máxica con carballos, castiñeiros e ameneiros. Poderemos ver muíños reconstruídos, e tamén o conxunto da casa-muíño da Maquía.