Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os contedores de algas da praia de Cesantes transfórmanse en arte

punta2

A artista redondelá Alba Casanova foi a encargada de darlle unha nova vida aos tres contedores que quedaban dos seis que eran empregados para depositar as algas que se recollían no areal de Cesantes. Tres instalacións que están distribuídas ao longo da praia de A Punta onde a artista mesturou a temática mariñeira coa reivindicativa e que queren ser un novo aliciente para achegarse a un dos espazos máis privilexiados do litoral redondelán ademais de promover aos artistas locais.

“Reinterpretar o mobiliario municipal inservible e convertelo nunha obra de arte ao vivo” e o obxectivo desta iniciativa realizada conxuntamente pola Concellería de Medio Ambiente e a de Cultura que se pode ver dende esta semana na praia de A Punta. Tres contedores que foron intervidos pola ilustradora natural de Cedeira, Alba Casanova Fernández, quen fixo unha reinterpretación destes soportes mesturando a Illa de San Simón coa tradición literaria e mariña, mesturando motivos florais, peixes e elementos da biodiversidade dos nosos mares con imaxes reivindicativas de apoio ao feminismo ou ao colectivo LGTBI.

Casanova, que traballa no eido do audiovisual, a ilustración, o debuxo e o colaxe, é unha das artistas que se poden coñecer escaneando o código QR de cada un dos contedores e que dá acceso ao Rexistro de Artistas de Redondela.

Unha nova vida para tres dos seis colectores que eran empregados polo persoal de limpeza das praias até o 2019 e que tamén quere ser, segundo apunta a concellería de Medio Ambiente unha mostra de que “calquera espazo é susceptible de converterse nun museo ao aire libre” ao mesmo tempo que se pon en valor aos artistas locais difundindo o seu traballo e se combate o “feismo a través das actuacións municipais”.

Unha instalación que as concellerías de Cultura e Medio Ambiente estudan en facer itinerante e levala a outros puntos do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará