Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Martín Maez: “A música pop tamén pode facerse en galego”

MartínHAbitat

O actor e músico de Redondela vén de lanzar o seu último disco, “Hábitat” con letras integramente en galego. O traballo está composto por 6 novos temas e unha pista oculta onde converxe a música pop melódica e a fusión con outros xéneros musicais, e incorpora dúas colaboracións con Julia Rodrigues e Rocío Salgado.

Son tempos complicados para a música, as restriccións por mor da crise sanitaria impiden celebrar concertos, pero o redondelán Martín Maez nada a contracorrente e vén de presentar o seu último disco: “Habitat”. Convencido de que a cultura “é moi necesaria” tamén en tempos de pandemia, o artista sinala que a música “axúdanos a desconectar, a estar alegres e enriquécenos”.

As cancións do disco rexistran diferentes estilos, e segundo Maez cada tema ten “vida propia” pasando polo rock, o punk, o reggea e ata o jazz “pero sempre baixo a liña pop”, explica o artista.

Amósase “moi contento” coa boa acollida que está a ter “Hábitat” tanto dentro como fóra de Galicia, xa levaba tempo “con gañas de facer un disco en galego”. A lingua non está a ser un impedimento na presentación do disco en lugares como Barcelona ou Valencia, “algo que o enriquece máis”. Para Maez é “un éxito” darlle visibilidade ao galego non só en xéneros como o folk ou o rock, senón tamén no pop “onde estaba un pouco abandonado”.

O disco ten tamén espazo para a reivindicación, no tema “Déixaos falar” Maez fai un canto “á liberdade e ao dereito a amar sen cancelas e sen medo ao que poidan dicir os demais”. Producida polo coruñés Celso Madriñán, a canción reivindica o dereito “a amosar en liberdade a orientación sexual de cadaquén, sen medo ao que dirán ou as represalias”.

O cantautor redondelán ten previsto ofrecer un concerto co seu novo traballo en Chapela o próximo mes de febreiro, se a situación sanitaria o permite.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará