Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior, sen cita de atención primaria ata o 18 de decembro

centroSaludARcade

A saturación no Centro de Saúde de Arcade deixa sen cita médica á veciñanza ata o próximo 18 de detembro. Esa é a primeira data libre dispoñible se calquera paciente solicita unha consulta telefónica na atención primaria. Desde o BNG denuncian que esta situación se produce despois de que o Sergas deixase sen cubrir as ausencias dos profesionais sanitarios de Soutomaior.

O portavoz municipal e deputado do Bloque Manu Lourenzo, advirte que no día de hoxe, o Centro de Saúde de Arcade “ten unha única médica para os tres cupos sanitarios”. Trátase dunha facultativa derivada do PAC de Pontevedra, e que polo tanto “non coñece aos paciente de Soutomaior e terá que atender 3 cupos de case 5000 persoas”. A mesma situación de precariedade denuncian no servizo de pediatría, xa que a especialista deberá cubrir as ausencias do persoal “tendo que atender dous cupos sanitarios que corresponden a Arcade e Vilaboa, cun total de 1600 pacientes”. Lourenzo sinala que o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña “quedou en evidencia” despois de tentar “enganar á veciñanza manipulando os datos e creando confusión entre o número de cartillas sanitarias e o número de habitantes”. Desde o BNG demandan a construción dun novo centro de saúde, noutra ubicación “que vertebre as dúas parroquias”, Sería necesario dotalo “de máis servizos para garantir unha mellor e máis eficiente atención sanitaria”, afirma o deputado nacionalista. Advirte que agora o que se precisa de maneiroa urxente son “máis médicos” e non descarta a posibilidade de saír á rúa “para defender a sanidade pública”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará