Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Nadal diferente, coa ilusión de sempre

NAdalPrograma

O Concello de Redondela ofrece este ano unha programación de Nadal cunha vintena de actividades para todos os públicos onde predominan os artistas locais. As actuacións culturais serán retransmitidas en directo polo Facebook, Papá Noel e os Reis Magos visitarán todas as parroquias e tamén contactarán cos nenos por videochamada.

O obxectivo do goberno local é ofrecer unha programación segura, na que se cumplen todos os protocolos antiCovid, e na que se mantén “a ilusión e a maxia do Nadal”, como sinala a alcaldesa Digna Rivas

A programación ofrece unha vintena de actividades con música, maxia e teatro para todas as idades. O Concello fai unha aposta polos artistais locais, como explica o edil Daniel Boullosa, e todas as actuacións que se ofrecen no Auditorio da Xunqueira, con aforo limitado, tamén poderán seguirse en directo a través do Facebok “para que toda a veciñanza poida seguir os espectáculos”. Desde o 13 de decembro e ata o 9 de xaneiro a programación inclúe obras como “Os tres porquiños” de Educateatro ou “A galiña azul” de Tanxarina, concertos de Alberto Vilas, Latexo Percusión, Paco Nogueiras, Uxñia Lambona e a Banda Molona, a Orquestra de Saxos e os Pillabands, entre outros. Tamén haberá maxia con Dani García .

A Covid non impedirá que as Súas Maxestades de Oriente e Santa Claus estean cos máis pequenos. Papá Noel estará fisicamente na alameda de Castelao desde o 15 ao 24 de Decembro e na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela os días 20,22 e 23 de Decembro. Outra vía é a aposta polas parroquias. Papa Noel visitará, por primeira vez, as parroquias os días 22 e 23 facendo un pasarrúas por todas elas. Tamén de xeito interactivo enviará un “vídeo saúdo” co que os máis pequenos poderán gozar a partir do día 10 na páxina web www.nadalenredondela.com.

Tamén as Súas Maxestades de Oriente porpoñen varias alternativas para poder gozar de Melchor, Gaspar e Baltasar ese ano. A cabalgata será estática, estará no campo da feira en horario de mañá e tarde, con aforo controlado e protocolo de seguridade adaptado ás normas sanitarias marcadas. Chapela contará tamén con Cabalgata estática na alameda de Rosalía de Castro no mesmo horario e en colaboración co Circulo Cultural e Recreativo de Chapela. Outra das novidades será a visita dos Reis Magos ás parroquias de Redondela durante o día 5, a partir das 16:00 horas. Irán saudando desde o seu coche real aos nenos e nenas.

Outra das novidades que promete chegar para quedarse é o servizo de videochamada dos Reis Magos. Para acceder a este servizo debemos entrar na web www.barafundaanimación.com, cubrir un formulario e introducir o código “Redondela” seleccionando día e hora na que desexamos recibir a chamada. Este servizo está xa en funcionamento para facer a reserva. Rivas sinala que, deste xeito “cambian as formas de vivir o Nadal pero non a ilusión”, que queren levar tamén a todas as parroquias, coa instalación de alumeado festivo “en diferentes puntos das parroquias teñen por primeira vez decoración de Nadal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará