Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Fundación Celta Integra recibe o premio Andaina á Diversidade

PRemioAndainaCelta

O Fundación Celta Integra foi premiado como a mellor entidade do 2020 na Gala de Premios Andaina á Diversidade. Fernando Rodilla, conselleiro do RC Celta, Germán Arteta, director da Fundación Celta, e unha representación de xogadores deste equipo recolleron o galardón.

Antonio Garcíam responsable de Andaina, fálanos dos premiados

O Multiúsos da Xunqueira acolleu os actos cos que Andaina celebrou onte o Día Internacional da Diversidade Funcional. Ademais da lectura do manifesto, tamén se entregaron os Premios Andaina á Diversidade 2020, xa que a gala deste ano non puido celebrarse no seu día a causa da pandemia e o confinamento. No apartado audiovisual os traballos gañadores son “Un día cualquiera, joder”, da viguesa Vanesa Rodríguez, e o documental “Cuando Lola no esté”. Na categoría de debuxo a premiada é unha alumna do colexio Vigo, e no apartado de entidades Andaina recoñece o traballo da Fundación Celta Integra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará