Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela suma en Canarias

ChapelaIngenio_o

O equipo de Chapela acadou unha importante victoria na pista do Ingenio, malia viaxar ás illas con moitas ausencias. A SAR Plastic Omnium perdeu na Coruña ante o OAR por un axustado marcador. Na División de Honra Prata Feminina a SAR Rodavigo estivo a piques de sumar un empate en Tenerife.

División de Honra Prata Feminina

Salud Tenerife 32-30 SAR Rodavigo

A piques estiveron as de “Chini” de acadar un punto en Canarias nun encontro que estivo moi dusputado ata o final. Comezaron dominando as locais, que se fixeron cunha marxe de ata catro goles. Na segunda metade as de Redondela melloraron o acerto de cara ao gol e foron recortando distancias, pero finalmente non foi suficiente para rabuñar un punto. Na próxima xornada reciben en Redondela ao Porriño, equipo situado na parte alta da táboa.

Primeira Nacional

Ingenio 25-27 Rodosa Chapela

Partido moi complicado para o Chapela, que viaxou con moitas ausencias. Con todo, conseguiron remontar ante os canarios e manteñen o 3º posto, mentres o Ingenio segue na parte baixa da táboa. Na próxima xornada os de Teixeira reciben en Chapela ao Bueu, cos do Morrazo na 6ª praza.

OAR Coruña 31-29 SAR Plastic Omnium

Os de Pablo Muiños fixeron un gran partido na Coruña, e estiveron por diante no marcador até os últimos minutos. Ao final o cansanzo puido cos de Redondela, que pagaron moi cara a súa falta de suplencias, e os locais déronlle a volta ao marcador. Na próxima xornada reciben na casa ao Luceros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará