A actividade, que busca a conciliación familiar e laboral durante as vacacións escolares de Nadal, celebrarase desde o 23 de decembro ao 7 de xaneiro. Poden participar rapaces de ata 14 anos de idade, e a inscripción é gratuita. O campamento, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) de Soutomaior, realizarase no Multiusos de Arcade. As actividades contan con protocolos de protección contra a Covid-19 para protexer aos pequenos de posibles contagios. O obxectivo do campamento, explicou o alcalde, Agustín Reguera, é “facilitar a conciliación familiar dos pais durante o período do Nadal”. O campamento conta cun horario de 9:00 a 14:00 horas, ampliable para as familias que o necesiten a partir das 08:00 da mañá, e tamén se habilitará un servizo de “fiambreira” para os que o precisen até as 15:00 horas.
Cada participante disporá dunha “bolsa de obradoiros” de uso personal na que disporá de todo o material necesario para as actividades de cada día. Ademais, non se realizarán actividades que impliquen compartir obxectos nin comida. Para evitar aglomeracións, tanto a entrada como a saída de cada día farase de forma graduada e utilizando todos os accesos dispoñibles. Para participar no campamento, todas as familias deberán achegar unha declaración responsable na que garanten a saúde do menor durante os 14 días previos á entrada da actividade. A inscrición é gratuíta e contarán con preferencia as familias monoparentais, as familias nas que os dous proxenitores traballen e todas aquelas unidades familiares cuxa necesidade de conciliación estea ocasionada pola pandemia. A inscrición deberase realizar de forma telemática a través da páxina do Concello de Soutomaior. Os interesados en recibir máis información poden facelo a través da web www.soutomaior.com ou no teléfono do CIM en horario de mañá, o 986 701 227. O prazo de inscrición está aberto ata o 18 de decembro.