A concentración, a reflexión ou a visión espacial son aspectos cognitivos que poden traballarse a través do xadrez e os sudokus, os dous pilares do libro “Sudokus Chess” que acaba de publicar este profesor do IES Pedro Floriani de Redondela. Asegura que “xogar sempre é a mellor maneira de aprender.”
Esta non é a primeira publicación de Vidal, autor tamén da obra “Doblando las Mates”, no emprega o origami como ferramenta para aprender matemáticas. Agora, grazas a que a Consellería de Educación incluiu o xadrez como agisnatura optativa nos centros de ensino, animouse a elaborar este libro “co que os mestres poden animarse a impartir esta asignatura”. Non se trata de facer “expertos en xadrez”, senón de empregar este deporte no ámbito do ensino, os seus movementos, as diferentes pezas e os casilleiros “para traballar aspectos como a concentración, a reflexión, a visión espacial e mesmo os idiomas”.
No IES Pedro Floriani xa probou esta metodoloxía cos seus alumnos, que responderon de maneira moi positiva “xa que desperta a súa curiosidade”. O libro ofrece diferentes niveis de dificultade e tamén distintas tipoloxías de sudokus “para que cada un escolla o que lle resulte máis interesante”
En Sudokus Chess presenta tres partes: unha para uso persoal, outra como xogo en pequenos grupos e unha terceira para obradoiros educativos, con fichas e láminas. Olibro pode empregarse con rapaces a partir dos 6 anos, co apartado de iniciación, e utilizalo para todas as etapas educativas posteriores. Ademais, omaterial resulta tamén moi útil para traballar con persoas maiores “para traballar a memoria e outros aspectos cognitivos que se van deteriorando cos anos”.
Este libro é o primeiro dunha colección de 8 volumes nos que Vidal está a traballar. Forma parte da colección de Talleres de Mente Activa de Educacachess. Poden adquirirse directamente na editorial Balàgium.