A SAR Rodavigo, de División de Honra Prata, tiña dobre cita esta fin de semana. O sábado superou ao BM Porriño, malia que o domingo perderon ante un Cleba León que foi superior. Na Primeira Nacional o Rodosa Chapela venceu ao Bueu logo de remontar un marcador adverso, e a SAR Plastic Omnium impúxose ao Luceros.
División de Honra Prata
SAR Rodavigo 22-21 Rubensa Porriño
AS pupilas de “Chini” puxeron fin á boa racha das porriñesas, terceiras da liga. A primeira parte estivo marcada pola alternancia no marcador, onde o equipo visitante chegou a alcanzar unha renda de dous goles, diferenza que souberon acurtar para poñerse por diante no marcador até final de partido. Peor sorte correron o domingo coa visita do Cleba León. Despois dunha primeira parte bastante parella, a segunda estivo dominada por completo polas leonesas, que non lles deron ningunha opción. Na prósima xornada desprazaranse á cidade de Palencia, para medirse ao Balonmán Palencia Turismo, coas anfitrioas situadas na parte baixa da táboa.
Primeira Nacional
Rodosa Chapela 29-26 Bueu Atlético
Partido moi disputado no pavillón Manuel González Soto, e no que a igualdade foi a tónica dominanta ate o desanso, cando o marcador reflectía un empate a 15 goles. Logo do paso por vestiarios os do Morrazo puxéronse por diante chegando a ter unha vantaxe de ata 4 goles (18-22) que os de Teixeira foron remontando ata o 29-26 final. Na próxima xornada teñen unha longa viaxe para medirse ao Vecindario.
SAR Plastic Omnium 28-26 Aut. Luceros
Despois do mal sabor de boca tras o partido disputado na Coruña, os de Pablo Muiños conseguiron derrotar ao Luceros, que sempre foi por detrás no marcador. No descanso, reflectíase un 15-11 no electrónico, vantaxe que o Luceros conseguiu recortar a un gol no minuto 22. A partir de aí, a igualdade no marcador foi a nota dominante até o final do partido, onde se acabou plasmando o 28-26 ao favor da SAR. A semana que vén visitan a pista do AD Carballal, coa intención de manter a serie positiva de vitorias.