Reparto de puntos no encontro disputado onte ante o Barco (1-1) no que o equipo redondelán xogou parte da segunda metade cun xogador menos.
Terceira División
Choco 1-1 Barco
Os dous equipos chegaban ao encontro en sesión vespertina empatados a puntos, se ben o conxunto de “Gonza” cunha xornada menos disputada. Con intención ambos de non descolgarse da parte alta da táboa, o partido estivo moi disputado. O CD Choco, nunha xogada entre Félix e Oscar, marcaría o primeiro da tarde. Coa ventaxa no marcador os de “Gonza” seguiron dominando o encontro e levando o control. A vantaxe durou pouco, 8 minutos despois marcaría o empate o xogador Omar. Aínda co 1 a 1 no marcador os choqueiros intentaban seguir dominando ademáis buscaban romper o luminoso ao seu favor. Mario, Félix e Guille tiveron ocasións para facelo, pero sen acerto. Xa na segunda metade seguiron os redondeláns romper o empate, pero faltoulles puntería cara a portería rival. No minuto 66 Mario sería expulsado por dobre cartón amarelo, o que obrigaría a cambiar o sistema do Choco. Entraría en lugar de Oscar, Davicin e logo Doval por Félix, pero o marcador non se movería. Cuarto empate consecutivo do CD Choco, que na próxima xornada visita o campo do Pontellas, o pechacancelas.
Xuvenil División de Honra
Choco 1-2 Ural
Os redondeláns son 8º do grupo, logo da derrota ente os coruñeses. Na próxima xornada visitan o campo do Lugo, co que están empatados a puntos.