Segundo os últimos datos da Consellería de Política Social o centro asistencial redondelán sumou na última semana 6 casos, ao pasar dos 11 que se notificaron o 5 de decembro, aos 17 contabilizados onte luns. Unhas cifras de positivos que, pola contra, caen no computo xeral da comunidade con 253 usuarios de residencias infectados, despois de que se producise a alta de 12 maiores e un falecemento.
Os casos activos de Covid no conxunto de Redondela son 117, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade.