Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emilio Santiago: “Se nos relaxamos no Nadal a evolución da pandemia pode ser explosiva”

EMILIO

A Consellería de Sanidade permite a mobilidade entre municipios os días 23, 24 e 25 de decembro para visitas familiares, malia que recomenda “non facer esas visitas”. O doutor Emilio Santiago, do Centro de Saúde de Redondela, insiste: “hai que evitar todos os contactos que non sexan imprescindibles”.

A situación epidemiolóxica en Redondela mellorou nos últimos días “pero segue a ser moi alta”, advirte Santiago Nieto “con máis de 250 casos por 100.000 habitantes de incidencia acumulada”. Isto supón que a incidencia do virus no municipio é aínda elevada “e hai que seguir alerta”. Santiago advirte que “se relaxamos agora as medidas de protección a evolución da pandemia pode ser explosiva”.

As festas e celebracións con familiares e amigos son “o caldo de cultivo perfecto para a Covid”. Temos que evitar espazos pechados e aglomeracións, e as consecuencias do que fagamos estes días de Nadal “verémolas dentro de 15 días, e pode explotar o sistema sanitario e as hospitalizacións”, di o doutor. Asegura que a día de hoxe “xa coñecemos as consecuencias da pandemia” e pide responsabilidade á toda a cidadanía. “Temos que comportarnos con responsabilidade e madurez, xa non teñen que decirnos como facer as cousas, temos que sabelo”, insiste Santiago

O facultativo insiste en que, malia que se permita a mobilidade estes días “o recomendable é non facelo”. Explica que “non se trata só dun Nadal con máscara, senón que vai máis aló”. Apunta que hai que restrinxir tamén a mobilidade sempre que non sexa imprescindible e evitar os contactos sociais e familiares. Non facelo, afirma “é unha irresponsabilidade en situación de pandemia” porque poñemos en risco “a persas maiores e vulnerables que morren”.

Redondela reduce a incidencia do virus, con 69 novos diagnosticados nos últimos 14 días. O total de casos activos a día de hoxe son 76. A incidencia acumulada deixa ao municipio no tramo entre os 150 e os 250 casos acumulados, pero malia o descenso a Consellería de Sanidade segue a manter ao Concello de Redondela no nivel máximo de restriccións, con peche perimetral. Con todo, a Xunta de Galicia decidiu flexibilizar as restricións de mobilidade entre as 00:00 horas de mañá, 23 de decembro, e as 23:00 do día 25. Nesa franxa será posible trasladarse entre Concellos, aínda que estean pechados perimetralmente como é o caso de Redondela. Este permiso excepcional será exclusivamente para visitas a familiares, malia que a Consellería “recomenda non facer esas visitas”. Despois do día de Nadal e ata o 29 de decembro prevalecerán as medidas que xa están vixentes na actualidade. O 28 de decembro haberá unha nova xuntanza do comité clínico que reavaliará as medidas que se van tomar de cara ás celebracións de Noitevella e Aninovo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará