Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os técnicos conclúen que a rehabilitación do cargadoiro de Rande é viable

2016-06.02_IMG_0394-Cargadero-MineroSiderúrgicaPonferrada-Alberto-Martínez-2016

Os traballos de reparación estruturais do cargadoiro Coto Wagner, “son tecnicamente viables” e a estrutura principal metálica e os elementos de formigón armado “poden rehabilitarse co fin de darlle un uso á marxe do inicial”. Así se recolle no informe técnico encargado polo Concello de Redondela ante a intención da Autoridade Portuaria de Vigo de desmantelar esta estrutura por supor, segundo argumentan, un perigo para os veciños, pescadores e tráfico marítimo.

O informe, elaborado por un arquitecto e un enxeñeiro industrial, avalan a postura do Concello de Redondela de que “o cargadoiro pode ser recuperado” e con el “recuperarase parte importante da memoria industrial de Redondela”. Consideran que dende o punto de vista económico “estes traballos están perfectamente xustificados”.

No documento, os técnicos tamén subliñan a necesidade de “retirar con urxencia todos os elementos secundarios da instalación que se atopan parcialmente desprendidos ou con posibilidade de desprenderse a curto prazo”. Subliñan a urxencia de actuar na totalidade da estrutura “para evitar que continúe a súa degradación por patoloxías de corrosión”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destaca que este informe, “minucioso e detallado”, contrasta co presentado no seu momento pola Autoridade Portuaria de Vigo no Consello de Administración deste organismo, “que era simplemente, un dossier dunha empresa de arquitectura” co que se pretendía votar a necesidade de derrubar o cargadoiro sen facer referencia a que é un ben incluído no catálogo patrimonial da Xunta de Galicia.

A viabilidade da recuperación da estrutura, estaría detrás, segundo a rexedora local, do impedimento reiterado do Porto de Vigo a que os técnicos contratados polo concello puidesen acceder ao cargadoiro para facer as análises pertinentes.

Rivas reitera a postura do concello de Redondela de oposición ao desmantelamento do cargadoiro así como a necesidade de recuperalo e polo en valor “como elemento do patrimonio industrial do municipio”. A alcaldesa advírtelle ao Autoridade Portuaria de Vigo que “non pode eludir máis a súa responsabilidade no mantemento deste elemento patrimonial de Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará