O auditorio da Xunqueira acolle esta tarde o espectáculo de maxia “Código”, de Dani García, un viaxeiro no tempo “que sempre está na busca de novos amigos cos que engadir uh código máis á súa maleta”. “Código” está pensado para que as persoas de calquera idade poidan participar e gozar deste espectáculo. Ás 18.00 horas. As entradas xa están esgotadas pero todos os que o desexen poden seguir a actuación en directo a través do Facebook do Concello de Redondela
O sábado, día 26 de decembro, será a quenda do pianista Alejo Amoedo e a Soprano Loli Crespo, co concerto titulado “Noite lírica”. Un espectáculo de voz e piano pensado para recrear as mellores Arias e Romanzas de ópera e canción de autor. A cita é ás 20.00 horas, con entrada de balde, previa retirada no Multiúsos da Xunqueira.
Paco Nogueiras en Chapela
O auditorio de Chapela será escenario este domingo do espectáculo familiar “Extra!”, a nova obra de Paco Nogueiras. Unha ducia de temas que se dispoñen como nun xornal onde cada composición é unha sección chea de sorpresas. Ás 18.00 horas. Entradas, 3 euros, á venda nos Multiúsos de Chapela e Redondela.
Toda a programación cultural de Nadal de Redondela será restransmitida tamén en directo a través do Facebook do Concello “para que toda a veciñanza poida seguir os espectáculos”, explica o concelleiro Daniel Boullosa.