A ata agora edil do PP, Noemí Salomón, abandona a vida política para centrarse na súa carreira artística. Na sesión plenaria de onte presentou a súa renuncia e despediuse do resto da corporación. A alcaldesa, Digna Rivas, amosouse o agradecemento do goberno local pola súa dedicación e desexoulle “a mellor das sortes” na súa nova andaina profesional.
Salomón expresou tamén o seu orgullo por ter participado na corporación “representando aos veciños de Redondela” e agradecida por ter a oportunidade de formar parte do grupo municial. Despediuse desexando aos compañeiros da corporación “que o próximo ano sexa mellor ca este”.
Salomón será relevada nas filas populares por Ángela Antón, que xa formou parte das filas populares na anterior corporación como concelleira de Ensino.