Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os remeiros de Cesantes celebran o Nadal co II Desafío Seniors vs Veteranos

remeiros cesantes

O ambiente festivo destas datas tamén chega ao deporte local coa celebración da segunda edición do Desafío Seniors vs Veteranos do Club de Remo Cesantes. Unha iniciativa que nacía o pasado ano como un “pique sá” entre os compañeiros máis novos e os que xa peitean canas e que adestran xuntos todo o ano.

A proba consistirá nunha contrarreloxo que se disputará no peirao de Cesantes o domingo, 27 de decembro, ás 11.30 horas. Dende a directiva, Felipe Silva, explica que a intención e xuntar remeiros para que participe unha traiñeira de veteranos e dúas de sénior. Por mor da situación sanitaria, haberá unha aforo máximo de persoas que poderán seguir a competición dende o móelle.

Desafío Sénior vs Veteranos. Felipe Silva

Un club, que vén potenciando este deporte dende hai cinco anos en Cesantes, con remeiros da propia parroquia que practicaban noutros lugares e outros que se lles foron unindo ata conformar un grupo que xa lles permitiu competir dous anos na Liga Galega. Agora centran o seu esforzo nas categorías inferiores, en atraer a mozas e mozos para crear unha base sólida para o club.

Cinco anos de crecemento

Unha práctica deportiva que viu como nos últimos meses sumaba adeptos por mor das condicións nas que se practica, ao aire libre e coa posibilidade de manter as normas de seguridade.

O Club reforza a súa imaxe cunha nova web

Co obxectivo de que a entidade continúe crecendo, veñen de pór en marcha una nova páxina web (www.clubremocesantes.com) que facilita a comunicación cos seus membros pero tamén cos seguidores.

Relanzar o Club cunha nova web

Unha páxina na que ademais de toda a información sobre o club, a súa historia e a competición, tamén podemos facernos socios, comprar os seus produtos, ver as mellores imaxes da competición e coñecer a última hora dos remeiros de Cesantes e os eventos programados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará