Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo Grupo de Emerxencias Supramunicipal terá base en Redondela e Mos

Rueda_Soutomaior_4

Será un dos novos GES da provincia de Pontevedra, e dará servizo aos municipaios de Redondela, Mos, Pazos de Borbén e Soutomaior. Fornelos de Montes será atendido por un novo GES con sede en A Lama, que prestará tamén o servizo de emerxencias a Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, estivo esta pasada fin de semana en Soutomaior para coñecer o traballo destas agrupacións. O vicepresidente puxo tamén en valor o recente acordo acadado entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais para renovar o mapa de emerxencias de Galicia coa futura creación de cinco novos GES (tres deles na provincia de Pontevedra). Un deles prestará servizo na nosa comarca: o GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos municipios. Os cambios nos servizos de emerxencias da provincia supoñen a creación de outros dous novos GES: Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serán atendidos polo novo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede na Lama.

Novo vehículo para Protección Civil de Soutomaior

Por outra banda, o Servizo de Protección Civil de Soutomaior conta cun novo vehículo para atender incidencias. A nova adquisición tivo un custo de 18.000 euros que foron financiados pola Consellería de Vicepresidencia da Xunta de Galicia. O propio Rueda facía entrega do novo coche na visita realizada a Soutomaior. Durante o acto de entrega, o alcalde Agustín Reguera destacou a necesidade deste novo vehículo “para facilitar e axilizar as intervencións, ao tratarse dun coche de menor volume e peso que o actual e cun equipamento moi completo”. Polo seu equipamento e versatilidade, o novo coche destinarase a tarefas de apoio, servizos preventivos e urxencias.

Do mesmo xeito, o rexedor sinalou a importancia da función que o grupo de voluntarios está a realizar durante a pandemia “atendendo as necesidades e solicitudes de veciños de avanzada idade para realizar as súas compras e tarefas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará