Unhas achegas que comezaron a tramitarse no mes de xullo e que se dirixen ás persoas en risco de exclusión social, aos autónomos e ás PEMES.
Os populares de Redondela achacan esta situación ás deficiencias na xestión dunhas axudas que hai cinco meses que comezaron a tramitarse. A portavoz do grupo, Mari Carmen Amoedo, insta ao goberno local a que resolva definitivamente a convocatoria de subvencións para autónomos e PEMES que, “levan tramitándose dende xullo sen que aínda haxa unha solución”. Así como as achegas para as persoas vulnerables e en risco de exclusión social, moitas delas en situación extrema e que “aínda non contan cunha axuda vital para afrontar as súas necesidades máis básicas”.
Amoedo achaca a demora no ingreso destas axudas, á xestión da alcaldesa Digna Rivas, como máxima responsable da acción do goberno local e do funcionamento da concellería de Servizos Sociais.