Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A falta de persoal na recollida do lixo deixa as parroquias ata 5 días sen servizo

No verán durante varias xornadas festivas tamén quedaron colectores sen recoller

Imaxe dos colectores no verán despois de varias xornadas festivas tamén

Manuel Iglesias, delegadao de persoal de Urbaser Redondela

Son os propios representantes dos traballadores os que denuncian esta falta de persoal da empresa Urbaser, concesionaria do servizo en Redondela. Advirte Manuel Iglesias, o delegado de persoal, que esta situación “repercute no correcto desenvolvemento do servizo, máis evidente que nunca nestas datas con festivos consecutivos e cun aumento notorio de residuos”. Algunhas parroquias, onde se recolle o lixo en días alternos “están catro ou cinco días seguidos sen servizo de recollida”.

Denuncia que esta situación supón “unha evidente falta de vontade por parte da empresa para evitar este problema”. No contrato de adxudicación do servizo a Urbaser, de 2007, establécese que deben contar con 18 traballadores, dos que 16 deben estar sempre presanto servizo “requisito que nunca se cumpre”, advirte Iglesias.

O cadro de persoal quere transmitirlle á veciñanza “que non son os culpables” da acumulación de lixo, sobre todo nas parroquias do rural. Explican que os traballadores están a facer “máis do que poden” cos medios que pon a empresa. Esixen a Urbaser que normalice a situación “canto antes”, xa que son os veciños os que están a pagar “pola mala xestión que está a facer a empresa deste servizo público”. Iglesias sinala que estas carencias non só atinxen ao servizo, senón que tamén repercuten nos traballadore “negándose a negociar as propostas aprobadas en asemblea polo 100% dos asistentes”. Piden “respeto” por parte de empresa tanto para os propios traballadores como para os veciños de Redondela. Advirte que cun cotrato anual que supera a cantidade de 1 millón de euros “Urbaaser non ten motivos para non prestar un servizo de calidade en Redondela”

Explican os traballadores o servizo leva “moitos anos” nesta situación de “precariedade”, se ben recoñece que coa chegada do novo goberno local “notouse un cambio significativo en canto á preocupación pola xestión de Urbaser”.

O delegado de persoal de Urbaser Redondela anuncia que porán en marcha diferentes accións “para visibilizar” esta situación e “reclamar a atención de Urbaser e do Concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará