Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deporte, moito máis que saúde

Piscina

Despois dun ano moi complicado por mor da pandemia da Covid-19, as instalacións da Piscina Municipal de Redondela comezan o 2021 coa ilusión de seguir traballando para achegar o deporte ao público de todas as idades. O confinamento do ano pasado, e a posterior reapetura da actividade con limitacións e medidas de seguridade fixo necesario “adaptase á nova realidade”. Xosé Fernández, o director da Piscina Municipal de Redondela, destaca ” a compresión, a paciencia e o respecto polas normas de todos os usuarios”. Nunha situación “cambiante” ao longo dos meses, nos que as medidas de restriccións foron relaxándose Fernández sinala que a resposta por parte do público foi “moi boa”.

Xosé Fernández, director da Piscina Municipal de Redondela

Tamén os responsables e traballadores do centro tiveron que traballar e adaptarse ás esixencias sanitarias, cumprindo todos os protocolos que establecen as autoridades en cada momento. A limitación de aforo obrigou a reorganizar os grupos, con clases moito máis reducidas, ademais da instalación de dispensadores de xel hidroalcólico, alfombras desinfectantes ou un circuito establecido para entradas e saídas, entre outras medidas para garantir a seguridade nas instalacións deportivas. Retomar esta actividade deportiva supuxo un alivio para moitos dos usuarios, xa que lles permite “volver ás rutinas e socializar”, explica Xosé Fernández. E é que asistir a este tipo de instalacións permite non só mellorar a saúde grazas ao deporte, senón que achega tamén outros beneficios. “A actividade física vai máis aló e ten tamén un factor socializante, que vemos en moitos grupos que levan xa anos facendo deporte xuntos”. Reencontrarse cos compañeiros e poder charlar, aínda que sexa con distancia e máscara de protección “é o que máis botan en falta, e pouco a pouco vaise superando esa barreira, sinala o director do centro.

As instalacións municipais ofrecen moitos servizos deportivos, xa que ademais das piscinas contan con ximnasio e ofrecen moitas actividades dirixidas para público de todas as idades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará