Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rexistra 45 novos contaxios de Covid-19, cun total de 54 casos activos

mapaCOVID

A resaca das festas non deixou de momento en Redondela un aumento significativo dos casos, e os datos mesmo son mellores que antes das celebracións de Nadal. Segundo datos facilitados esta mañán polo Servizo Galego de Saúde, no municipio rexistráronse 45 novos casos nos últimos 14 días. As mesmas fontes confirman que a día de hoxe os casos activos de Covid-19 son 54, tendo en conta todas as persoas afectadas pola enfermidade, con PCR positiva, e que aínda non foron dadas de alta. Isto supón 10 casos menos que no último día do ano, cando a 31 de decembro o Sergas confirmaba 64 casos positivos. Mellor é aínda a comparativa se tomamos os datos de finais de novembro, cando Redondela superaba os 100 casos activos, o que supuxo o nivel máximo de restriccións e o peche perimetral do Concello. A día de hoxe Redondela mantense no novel medio-alto de restriccións, co peche permitral conxunto cos municipios de Vigo, mos, O Porriño, Nigrán e Gondomar. A hostelería pode permanecer aberta ata as 18.00 horas, cun 30% de aforo no interior e un 50% no exterior, cunha agrupación máxima de 4 persoas. A mobilidade nocturna segue restrinxida entre as 23.00 e as 6.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará