Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Accidentada volta ás aulas no CEIP Igrexa

coleAcceso

As deficiencias nos accesos ao centro e a situación meteorolóxica que provocou placas de xeo, crearon esta mañá un regreso ás aulas con moitas dificultades neste colexio de Chapela. Lara Naya, secretaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos, sinala que a asociación leva “pelexando pola mellora dos accesos ao centro” desde que se inaugurou, a comezos do curso pasado. A estrada é estreita e con pronunciadas pendentes, o que complica a mobilidade do transporte escolar, e tamén dos vehículos particulares e os peóns. Nas pasadas semanas as choivas anegaron varios puntos do acceso, e tamén no propio centro, e as baixas temperaturas dos últimos días formaron grandes placas de xeo.

As malas condicións dos accesos xeraron esta mañá situacións de perigo “nenos e avós escorregaron e houbo varias caídas, tamén os coches patinaban e varios tiveron que quedar alí”, denuncia Naya. A ANPA non agocha o seu “enfado e indignación” por esta situación, xa que advertiron ao Concello para que se fixese unha limpeza na zona e esparexeran sal para evitar a formación das placas de xeo “e non se fixo nada”.

As dificultades nos accesos non son os únicos problemas deste novo colexio. Os muros de terra que lindan co patio derrubáronse nas vacacións de Nadal polas intensas choivas “o patio é unha lameira, e a terra chegou ás escaleiras e mesmo entrou nos corredores das aulas de infantil”, explica Lara Naya. Outra deficiencia que vén arrastrando o centro desde a súa inauguración é o mal funcionamento da caldeira “que hoxe nun funciona” apunta a secretaria da ANPA.

Esixen solucións ao Concello de Redondela e á Consellería de Educación para que as deficiencias do centro e dos seus accesos se resolva “canto antes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará