Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rexistra 77 casos activos de Covid

CovidPCR

Cun total de 77 casos activos no municipio, segundo datos facilitados hoxe polo Sergas, Redondela experimenta un notable aumento de contaxios. Son 7 persoas máis das que notificaba o Sergas o pasado domingo, e supoñen un incremento moi elevado con respecto aos casos da pasada semana, con 23 casos máis que o xoves, cando os datos da Consellería apuntaban 54 casos activos de Covid no municipio. Se tomamos os datos oficiais dos últimos cinco días, os casos de coronavirus incrementáronse en Redondela neste tempo máis dun 42% (40,59%). O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia reunirase esta tarde, e está previsto que poidan adoptarse novas restriccións para evitar a expansión do virus. A día de hoxe Redondela mantense no nivel medio-alto de restriccións, co peche permitral conxunto cos municipios de Vigo, Mos, O Porriño, Nigrán e Gondomar. A hostelería pode permanecer aberta ata as 18.00 horas, cun 30% de aforo no interior e un 50% no exterior, cunha agrupación máxima de 4 persoas. A mobilidade nocturna segue restrinxida entre as 23.00 e as 6.00 horas.

A situación é preocupante non conxunto de Galicia, cun repunte moi elevado de casos a raíz das reunións sociais e familiares durante as festas do Nadal e Aninovo. Na comunidade son 719 os novos positivos confirmados por proba PCR no día de hoxe. Outra pésima noticia é que os hospitalizados continúan aumentando, e nestes momentos son xa 491, o que supón 93 máis que hai unha semana, e a maior cifra desde finais de novembro. Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 12 falecementos por Covid. De novo todas as áreas galegas empeoran hoxe, sobre todo A Coruña, Santiago e Vigo. A máis afectada segue sendo a da Coruña, que alcanza 2.064 casos activos (+120), seguida de Santiago con 1.810 (+131), Vigo con 1.579 (+95), Ourense con 1.140 (+100), Lugo con 810 (+32), Pontevedra con 809 (+51) e Ferrol con 598 (+31).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará