Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela apúntase á calistenia

Calistenia-4

O Concello de Redondela iniciará neste mes de xaneiro a instalación dun parque de calistenia urbano. Desde xeito dáse resposta ás peticións da mocidade que practica esta disciplina deportiva. Instalarase na contorna da Marisma, a carón da pista de skate e baloncesto, unha zona frecuentada pola mocidade de Redondela, a carón dos institutos. Contará con máis de 100 metros cadrados nos que se instalará unha estrutura de aceiro galvanizado coas medidas regulamentarias segundo a norma europea. A instalación contará tamén cun panel informativo de guía para a realización de distintos exercicios físicos. O proxecto foi realizado polo Concello de Redondela en colaboración cos mozos afeccionados á calistenia, para adaptalo ás necesidades das persoas practicantes. De cara a animar á mocidade a iniciarse nesta disciplina deportiva, a Concellería de Deportes, que dirixe Nacho González, ten previsto realizar unhas xornadas divulgativas e de exhibición. A calistenia é unha disciplina deportiva que se basea na realización de exercicios utilizando o propio peso corporal, proporcionando unha mellora importante na resistencia e na forza muscular. Ten a vantaxe de que non se necesita coñecementos previos para practicar, xa que existen exercicios para principiantes ou con variacións que permiten iniciarse nesta disciplina a calquera persoa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará