Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trespés convídanos a reflexionar sobre o monte comunal este venres nun foro online

trespes

Coincidindo coa conmemoración do 22 de xaneiro, día que a Organización Galega de Comunidades de Montes escolleu para lembrar e conmemorar as loitas dos veciños polo monte en man común, a cooperativa redondelá xunto a Mulime, organizan unha xornada de debate en torno ao futuro e a memoria do monte comunal, pondo o foco nun dos principais retos que ten por diante, o relevo xeracional. A xornada, online, celebrase o venres entre as 18.00 e 20.00 horas.

O futuro do monte comunal, a vinculación das comunidades coa mocidade, os retos da xestión e os proxectos e iniciativas que están achegando o monte comunal á veciñanza, son algúns dos temas que se abordarán neste foro, “Montes veciñais: memoria e futuro”.

Alberte Román, Trespés

Unha xornada na que participarán representantes da Fundación Escola, unha iniciativa que se desenvolve na localidade coruñesa de Lousame e que vincula á mocidade cos valores do monte. Tamén se presentará a iniciativa do Instituto de Pontecaldelas, como xestores dunha parcela do monte comunal, onde os estudantes se encarga de coidar os terreos, da repoboación con especies autóctonas, ademais de aprender matemáticas e outras disciplinas nesta aula aberta.

Iniciativas participantes

Unha xornada na que Arsernio Pérez, presidente CMMVV de Viladesuso, cantará a súa experiencia persoal e explicará o traballo que se pode facer dende a mocidade nunha comunidade de montes. Lara Barros, técnica de Mulime mergullarase no aspecto histórico do monte en man común e membros de Ponte nas Ondas, contarán o seu labor de 25 anos en prol do patrimonio material e inmaterial galego-portugués.

A actividade celebrarase a través da aplicación “Zoom” por mor das restricións sanitarias e será preciso a inscrición previa no enderezo info@trespes.org

Os retos do monte comunal en Redondela

A falta de relevo xeracional e os lumes son dous dos principais problemas do monte en man común do noso municipio, pero como recoñece, Alberte Román, dende a cooperativa Trespés, nos últimos anos están xurdindo iniciativas interesantes que traballan por un modelo de xestión distinta na que tratan de recuperar o bosque autóctono e vinculado coa sociedade, aproveitando as oportunidades que pode xerar máis aló do madeireiro. Avances que abren o camiño cara unha xestión diferente pero que aínda son minoritarios.

Monte comunal en Redondela

Román apunta como principais retos do monte veciñal en Redondela, un traballo máis colaborativo entre as distintas comunidades de montes do municipio, así como unha interlocución co Concello que favoreza accións conxuntas que propicien a dinamización dese territorio e das parroquias nas que se asentan.

Principais retos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará