Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballos de restauración na Igrexa de Santo Estevo de Negros eliminarán as filtracións

IgrexaSantoEstevoRedondela

A Xunta de Galicia vén de adxudicar as obras de restauración do templo, tal e como anunciaron onte a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, nunha visita á igrexa. Os traballos teñen como obxectivo resolver os problemas de estanqueidade e ventilación deste templo, que data do século XIX e ten consideración de ben catalogado. Cun orzamento de máis de 55.000 euros, as obras que se levarán a cabo inclúen o cambio completo de cuberta da nave da igrexa. No caso da cubrición do cabido, ademais de renovala, modificarase a súa pendente, co fin de mellorar a evacuación de augas pluviais. Así mesmo mudaranse as fiestras por outras novas con perfís de aceiro inoxidable mate que incorporen ventilación permanente. A actuación inclúe tamén a substitución da marquesiña de chapa metálica do acceso á sancristía por unha nova con estrutura de madeira e tella.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará