Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortes de luz no alumeado público polos arranxos tralo paso de Hortense

ALUMEADO

O temporal Hortense, que azoutou Galicia o pasado venres, provocou ducias de danos do municipio de Redondela. A rede de alumeado público foi vítima dos fortes refachos de vento, con avarías e roturas en diferentes puntos. Isto deu lugar a deficiencias eléctricas e cortes de luz xeralizados ó longo das 13 parroquias, logo de que moitos diferenciais quedaran avariados, co que moitas das liñas non funcionen. Dende o Servizo eléctrico municipal avisan que as diferentes actuacións que levarán a cabo para reparar a iluminación pública, ó longo destes días, poden facer que a veciñanza se atope con diferentes situacións: haberá liñas que permanezan apagadas temporalmente para poder levar a cabo a súa reparación ó completo; e haberá liñas que, aínda que se consigan manter levantadas, presenten luminarias avariadas. A prioridade do servizo eléctrico é ofrecer os maiores puntos de luz posibles e compaxinalo co arranxo de liñas enteiras. O Concelleiro de Medio ambiente, Roberto Villar, apunta que a intención do servizo eléctrico é “repoñer e arranxar todas as liñas e as súas luminarias o máis pronto posible”. Os operarios levan traballando toda a fin de semana neste tema, “pero a cantidade de averías e a súa complexidade fai que teñamos que adoptar medidas diferentes e algo molestas para arranxalas”, explica Villar. Estas medidas farán que, durante uns días, a veciñanza note fallos na iluminación pública do Concello de Redondela. O edil “lamenta os problemas que isto poda causar” e agarda que esta situación dure “o menor tempo posible”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará