Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela suma máis de medio cento de positivos COVID en menos dunha semana

Positive test result by using rapid test device for COVID-19 virus, novel coronavirus 2019 found in Wuhan, China

Un ritmo de crecemento común en moitos municipios de Galicia e que a Xunta pretende contrarrestar coa imposición de novas medias como o peche total da hostalería en toda a comunidade, a prohibición das reunións entre non conviventes, o peche do comercio ás seis da tarde e a recomendación de autoconfinarse dende as 18.00 horas.

Multiplícanse o número de contaxiados no noso municipio e nos concellos limítrofes que nas últimas xornadas non deixan de sumar positivos por coronavirus. En Redondela pasouse de 113 diagnosticos por proba PCR o pasado martes aos 175 que notificou a Consellería de Sanidade este domingo. En cinco días rexistráronse 62 persoas máis contaxiadas pola COVID-19 o que supón unha incidencia de 560 casos por cada cen mil habitantes.

Un incremento, que tamén se dá nos concellos limítrofes. Así, Soutomaior contabiliza arestora 69 casos, 45 máis que hai unha semana e a última cifra de Pazos de Borbén é de 31 positivos. Un empeoramento que tamén se produciu en Fornelos de Montes que dende o Nadal era un concello libre de coronavirus pero que xa rexistra cinco persoas infectadas, o que supón, ao ser un concello con pouca poboación, unha incidencia de 250 casos por cada cen mil habitantes.

Para atallar estes datos e as marcas de máis de mil contaxiados diarios que nas últimas semanas está a rexistrar a nosa comunidade, a Xunta vén de anunciar medidas máis restritivas que estarán vixentes durante tres semanas. Dende este mércores, e ata o 16 de febreiro ás 24 horas. Neste período todos os concellos estarán no máximo nivel de alerta.

MEDIDAS VIXENTES DENDE ESTE MÉRCORES

  • Todos os concellos terán peche perimetral. Só se poderá saír ou entrar por motivos xustificados.
  • Peche total da hostalería. Só entrega a domicilio.
  • Peche do comercio ás 18 horas.
  • Peche dos centros comerciais sábados e domingos.
  • O comercio esencial pechará ás 21.30 horas (farmacias, supermercados, etc)
  • Peche ximnasios, centros sociais e de xubilados, bibliotecas, museos, teatros e salas de espectáculos.
  • Prohibidas as reunións de non conviventes.
  • Non se permite ningunha visita a doentes.
  • Volta ás clases universitarias o 8 de febreiro en formato telemático. Escolas infantís, colexios, e institutos continuarán coa docencia presencial.
  • Suspéndense as competicións deportivas a nivel autonómico, só permitidas as individuais (con máscara) sen contacto e as nacionais ou internacionais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará