Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente denuncia filtracións ao río desde a fosa séptica do edificio da policía

VillarPolicia

O concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, denuncia nas redes sociais da Agrupación de Electores de Redondela a contaminación que está a provocar no río Pexegueiro o edificio que alberga as oficinas da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional. O edil sinala que, tras os estudos realizados polos técnicos, constátanse filtracións da fosa séptica do edificio situado na Marisma. Nun vídeo, difundido por AER, Villar cualifica de “insostible” esta situación, xa que o regulamento municipal “obriga a que este edificio estea enganchado á rede de saneamento público”. As filtracións da fosa séptica do inmoble están a causar “un prexuizo no medio ambiente do municipio” sinala o edil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará