Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aproba uns orzamentos “centrados no gasto social”

ConcelloSoutomaior

O Concello de Soutomaior aprobará mañá xoves os seus orzamentos para o ano 2021. A maioría do grupo municipal do PP permitirán sacar adiante unhas contas que ascenden a 4.479.052 euros. O principal obxectivo deste orzamento é “conter os efectos da pandemia no municipio mediante axudas directas a familias e negocios”, segundo apunto o goberno local. O alcalde, Agustín Reguera, define estes novos orzamentos como “realistas, baseados na eficiencia na xestión e co obxectivo claro de protexer aos veciños e ás empresas locais”. Desde o Concello “manteranse todos os servizos”, sinala Reguera, incrementando as partidas máis importantes e conxelaranse as taxas municipais por noveno ano consecutivo. A principal novidade da previsión deste ano é o aumento da partida destinada os Servizos Sociais e as políticas de protección e promoción Social no municipio, que alcanza os 606.000 euros. Esta subida está motivada polo aumento na partida destinada a sufragar as axudas a familias en risco de exclusión social, que pasa dos 22.000 euros a case o dobre, 42.000 euros.

Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior

Ademais, cumprindo co acordo alcanzado coa Asociación de Hostaleiros, resérvase unha partida de máis de 20.000 euros para financiar as axudas directas aos negocios locais. Subvención destinada a cubrir os gastos de auga, rede de sumidoiros e recollida de lixo, ademais de manter a exención no pago polas terrazas. As partidas destinadas a Deporte, Xuventude, Igualdade e Turismo mantéñense con respecto ao exercicio pasado. A única concellaría que rexistra unha leve baixada é a de Cultura, “que ante a imposibilidade de organizar festas e eventos, posibilita o aforro necesario para sufragar a subida en acción social”, explican desde o goberno local. O novo orzamento contempla unha subida salarial do 0.9% para os empregados municipais reflectido na partida de persoal. Unha mellora na que non se inclúen as retribucións do equipo de goberno, que serán as mesmas que o pasado ano. Rebáixanse tamén algunhas partidas como o gasto eléctrico municipal grazas á iluminación LED instalada en Barroncas e Cima de Vila, cun aforro estimado duns 8.000 euros anuais en electricidade.

Rehabilitación de edificios públicos e humanizacións

A pesar de non estar contabilizados neste orzamento, haberá que sumar 526.000 euros máis procedentes das achegas doutros organismos. Deles, 400.000 euros destinaranse a investimentos e melloras no municipio e 126.000 a promoción do emprego e contratacións. Neste sentido, xa están programadas varias actuacións que se financiarán con estas achegas como a mellora no acceso á Igrexa de Soutomaior, a conversión a Centro Social da antiga Escola Unitaria de Moreira, a humanización da Rúa Cabadiña, a ampliación das beirarrúas desde o Peirao até a Escola Infantil e as melloras no exterior da Escola de Alxán e a Escola da Banda de Música.

Do mesmo xeito, segundo indicou o alcalde, tamén están previstas varias melloras que se financiarán a cargo do remanente municipal acumulado. A principal é a humanización do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade, pero tamén se inclúen varios asfaltados no rural, investimentos en eficiencia enerxética, unha actuación en Arcade de Riba e a mellora de varios parques infantís, como o de Talo Río, que será renovado. O orzamento tamén reserva de fondos para a adquisición dos terreos onde se construirá o novo centro de saúde, na zona de Salgueirón, cunha superficie útil superior aos 1.200 metros cadrados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará