Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior solicita un cribado masivo logo de triplicar os contaxios nunha semana

07/01/2021 Sanitario realiza una PCR
POLITICA ESPAÑA EUROPA CASTILLA-LA MANCHA
JCCM

Son 91, os casos de coronavirus que rexistra o municipio de Soutomaior segundo as cifras deste mércores da Consellería de Sanidade. Un número de positivos que supón máis do triplo do que contabilizaban a pasada semana. Hai sete días os casos da COVID-19 eran 29. Ante esta situación, o concello de Soutomaior vén de solicitar á Xerencia do Sergas a realización dun cribado masivo entre a poboación. Probas aleatorias entre a veciñanza do municipio que o concelleiro de Sanidade, Carlos Bas, considera necesarias ante o “alarmante” dos datos.

Concelleiro de Sanidade, Carlos Bas

Bas insta á cidadanía a cumprir “estritamente” as medidas que entraron en vigor este mércores, especialmente, a prohibición de non reunirse con persoas non conviventes xa que, explica, boa parte dos positivos detectados estes días son froito da interacción social e das reunións familiares de Nadal. O concelleiro de Sanidade di que hai familias enteiras infectadas.

“Familias enteiras infectadas”

Advirte á cidadanía que se ten que cumprir o peche perimetral salvo por motivos xustificados. Recoñece a dificultade que isto supón para os cidadáns dada as rutinas diarias dos veciños que moitas veces se desenvolve nos concellos limítrofes, pero pide un esforzo para poder conter a propagación do virus e non ter que ir máis alá nas restricións.

Peche perimetral

Carlos Bas explica que se reforzará a vixilancia para comprobar que se cumpre as normas vixentes ata o 17 de febreiro, cun incremento dos controis por parte da Policía Local, en colaboración coa Garda Civil e Protección Civil.

Incremento controis para o cumprimento das medidas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará