Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un informe do ORAL acredita a nulidade de ducias de multas en Soutomaior

ARCADE

A polémica suscitada polas multas dos auxiliares da Policía Local en Soutomaior, e que se levou ao pleno do Concello, entra nunha nova fase. Un informe do órgano provincial encargado da xestión dos tributos e das multas para os Concellos (o ORAL) demostra que “as sancións impostas en Soutomaior polos auxiliares de policía local entre o 30 de xuño de 2019 e o 1 de marzo de 2020 son ilegais”, segundo manifesta o concelleiro do BNG Manu Lourenzo. O grupo nacionalista acusa tanto ao alcalde, Agustín Reguera, como ao concelleiro de Tráfico Fernando Crespo de “mentir” na sesión plenaria do pasado 20 de xaneiro. Neste pleno tanto Reguera como o edil de Tráfico sinalaron que as multas estaban tramitadas correctamente. Agora a opocición dá a coñecer un un informe emitido polo ORAL onde se detalla que neses oito meses tramitáronse en Soutomaior un total de 176 expedientes sancionadores “nos que constan como denunciantes axentes da Policía Local”. Con todo, o BNG asegura que nese período de tempo “non existía ningún axente de policía en Soutomaior, senón que só había auxiliares”. O organismo de xestión de multas aclara que “continuará estimando as alegacións e recursos nas que se demostre que os xustificantes das denuncias en papel non coincida coas gravacións efectuadas no aplicativo”. O ORAL advirte que esa aplicación informática “só pode ser empregado para gravar denuncias de axentes, non de auxiliares”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará