Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela demanda máis médicos e atención presencial nos centros de saúde

ManiBNG

Concentración celebrada o pasado verán no PAC de Redondela

A proposta do BNG o pleno da corporación, celebrado onte telemáticamente, aprobou unha moción na que o Concello de Redondela demanda á Xunta “recuperar a atención presencial en Atención Primaria”. O voceiro Xoán Carlos González sinalou que a pandemia da Covid deixou en evidencia “as consecuencias dos recortes do goberno galego nos últimos 11 anos”. Denuncian os nacionalistas “saturación nos servizos, falta de persoal e longas listas de espera”. Advirte ademais que a atención telefónica instaurada na Atención Primaria desde que comezou a pandemia “ocasiona moitas dificultades tanto aos profesionais sanitarios como á poboación”. Na moción, apoiada por todos os grupos menos o PP, demandan que se recupera a asistencia presencial, e tamén que se dote de máis persoal aos centros de saúde do municipio. No caso de Redondela reclaman dous médicos de familia, un pediatra e un psicólogo, e en Chapela unha praza máis de médico e dúas de enfermeiría. A instancia do grupo socialista, tamén se solicita que Chapela recupe a atención de urxencias os sábados pola mañán, que se pecharon o pasado 5 de decembro.

Xoán Carlos González, voceiro BNG

Desde a Agrupación de Electores de Redondela coindiron en que os recortes dos últimos anos “degradaron” a Sanidade Pública galega. O edil Daniel Boullosa advertiu tamén que a atención telefónica na Atención Primaria é insuficiente “sobre todo para as persoas de idade avanzada”.

Daniel Boullosoa, AER

A voceira do PP, Carmen Amoedo, rexeitou a proposta do BNG ao entender que “non é momento de recuperar as consultas presenciais por estar no peor momento da pandemia”, ao tempo que rexeitou as críticas polos recortes do goberno galego “que incrementou a partida en Sanidade para este ano con 475 millóns de euros máis”

Carmen Amoedo, voceira do PPdG

Por parte do PSdG foi a concelleira Olga García a que explicou o apoio do seu grupo á moción, asegurando que os veciños están “desprotexidos” ante os recortes da Sanidade e teñen que sufrir “as deficiencias” na Atención Primaria con longas listas de espera e a atención telefónica “colapsada”.

Olga García, concelleira do PSdG-PSOE

Na moción, que será trasladada á Xunta de Galicia, a corporación demandan tamén un incremento no orzamento de Atención Primaria ara o 25%, “no inmediato 200 millóns de euros”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará