Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello de Redondela acusa á Xunta de “conduta omisiva” nos cheiros de Aucosa

IMG_20210129_123746

No intento de frear a actividade da planta de Cabanas mentres non solucione o problema dos malos cheiros, o concello de Redondela dá un paso máis e deixa a fase administrativa para remitir un oficio á Xunta de Galicia asinado pola alcaldesa de Redondela e o concelleiro de Medio Ambiente, no que se lle dá conta do “incumprimento reiterado” por parte da empresa da Declaración Ambiental Integrada. Uns incumprimentos que xa foron postos en coñecemento da Dirección de Cambio Climático e a Consellería de Medio Rural en reiteradas ocasións coa presentación de varios informes.

No oficio, presentado o 25 de xuño, advírtese que “ a situación descrita continúa”, en referencia a infracción da Declaración Ambiental, “polo que se estima o deber de reiterar” a esta administración autonómica “a vixilancia do efectivo cumprimento e no caso contrario a imposición das medidas de carácter sancionador e de restauración da legalidade”. O escrito engade que “a inactividade en casos de afección do medio ambiente ou da saúde das persoas pode xerar responsabilidade de toda orde para os autores de tal conduta omisiva”. O concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, aseguraba que esa é a conduta da Xunta nesta materia e engade que non está a cumprir a legalidade.

Oficio remitido á Xunta

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que pasaron catro meses dende a primeira xuntanza coa Directora de Cambio Climático e a situación segue a ser a mesma. As obras para evitar os cheiros non remataron malia que a data de finalización era o 30 de novembro, a empresa continúa a traballar ao mesmo nivel e os colectores con restos de peixe continúan a amorearse ao aire libre provocando malos cheiros.

Digna Rivas, Alcaldes de Redondela

Uns cheiros, que segundo apuntan dende o goberno local, intensificáronse na última semana por mor dunha avaría nun condensador de partículas o que provocou que o cheiro do peixe en descomposición se sentise no casco urbano de Redondela, en Teis ou mesmo na Guía. Lamentan, que cando se dan estas circunstancias, a fábrica non pare a produción e non reduza o número de camións con restos de peixe que chegan a explana coa que conta na contorna de Rande.

Incremento dos cheiros

Rivas insta á Xunta a “persoarse cos seus técnicos” na planta de Auxiliar Conservera para comprobar se está a cumprir ou non a normativa e que tome as medidas oportunas porque “non imos parar” ata solucionar o problema dos cheiros.

A alcaldesa insta á Xunta a personarse na planta
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará