Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cruz Vermella Redondela centra os seus esforzos no asesoramento dixital e laboral

FotoCruzVErmella

A ONG traballa para facer fronte ao impacto social e económico da pandemia da Covid. Desde marzo do ano pasado, cando se declarou o estado de alarma, os seus esforzos centráronse en atender ás persoas máis vulnerables ante a crise sanitaria. A delegación de Redondela puxo en marcha o Plan Responde, con programas para mellorar o acceso ao emprego e loitar contra a fenda dixital, ao tempo que mantiñan as actividades habituais. Este plan permitiu apoiar ata o de agora a máis de 400 persoas afectadas polo impacto da Covid en Redoondela. Diana Freire, responable desta delegación, explica que o perfil dos seus usuarios mudou, e tamén as súas demandas, con moitas solitudes de asesoramento para facer xestións a través de internet, tramitar o Ingreso Mínimo Vital ou pedir citas coa Seguridade Social e o Servizo Público de Emprego, cunhas 175 intervencións.

Diana Freire, responsable Cruz Vermella en Redondela

Desde a Cruz Vermella tamén entregaron paquetes de produtos alimentarios e de hixiene, ademais de axudas económicas para o pago de gastos ou suministros do fogar. Outra das labores da Curz Vermella foi a do acompañamento social, nos momentos máis duros do confinamento, facendo teleasistencia a máis de 200 persoas maiores. Continúan traballando coa infancia cun proxecto de Promoción do Éxito Escolar. Nel ofrecen apoio educativo con clases por videoconferencia a 10 nenos e nenas. En total 25 menores de Redondela recibiron material escolar e tecnolóxico que lles permitiu seguir as clases. O obxectivo para este ano 2021 é seguir coa mesma liña de axudas. Freire sinala que centrarán os seus esforzos no Plan de Emprego, do que ata o de agora se beneficiaron 41 persoas no Punto de Atención Laboral.

Cruz Vermella conseguiu tamén manter en Redondela os Obradoiros de Memoria para persoas maiores que viñan realizando desde antes da pandemia. Diana Freire móstrase especialmente orgullosa de ter conseguido que máis de 20 usuarias destes obradoiros poidan seguir esta actividade con clases on-line. Recoñece que foi complicado ao principio que todas conseguiran familiarizarse coa plataforma dixital “pero a día de hoxe todas se conectan e seguen as clases pefectamente”. Deste xeito non só poden seguir traballando habilidades cognitivas, senón que tamén “manteñen as rutinas e socializan coas compañeiras”.

Todas estas actividades son posibles grazas tamén á colaboración de 22 persoas voluntarias, maioritariamente mulleres, que colaboraron coa Cruz Vermella en Redondela. Os voluntraios realizan a súa labor de xeito cada vez máis flexible, adaptándose aos seus horarios e intereses, poñendo ao servizo desta organización humanitaria as súas capacidades e coñecementos, en moitas ocasións desde o seu propio domicilio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará