Hoxe é Martes 3 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Meco de Redondela pide unidade para “queimar” o virus

MecoCoca

A tradición conta que a veciñanza de Redondela se uniu para vencer ao dragón da Coca. Do mesmo xeito o Meco deste atípico Entroido pide unidade para vencer ao inimigo que agora ameaza á sociedade: a Covid-19. Por iso ás portas do Concello de Redondela xa loce o Meco deste ano, con figuras tan representativas do municipio como a Coca e o viaduto. Deste xeito o Meco, figura reivindicativa do Entroido por excelencia, segue a poñer o foco nos temas de actualidade, como fai cada ano, pero dun xeito diferente. A concelleira de Eventos, Marta Alonso, explica que a reivindicación non é outra que “a necesidade de que todas e todos unidos fagamos fronte á Covid e gañemos esa dura batalla”. Advirte que se trata dunha mensaxe “esperanzadora e unificadora” da vontade de toda a cidadanía. Por iso este ano a figura non se queimará “senón que se conservará para formar parte da memoria histórica e cultural do municipio”, e quedará instalada na Xunqueira, e tamén se elaborará un vídeo documental sobre o Entroido que será difundido polas redes sociais.

Marta Alonso, concelleira de Eventos

Por outra banda o tradicional concurso de disfraces celebrarase a través das redes sociais do Concello. A inscrición está aberta ata o 14 de febreiro, e os que desexen participan deben enviar unha fotografía ou vídeo ao enderezo electrónico facebook@redondela.gal, co nome e teléfono dos participantes. Serán publicados o 16 de Febreiro. Aquelas tres fotos ou vídeos que logren máis “Me Gusta” obterán un premio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará