Hoxe é Xoves 26 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A incidencia acumulada en Redondela baixa dos 500 casos por cen mil habitantes

RedondelaCasos

Como no resto de Galicia, na nosa comarca continúa descendendo o número de casos activos pola Covid-19. En Redondela os novos casos diagnosticados nos últimos 14 días son 139 (45 menos que hai 5 días). A incidencia acumulada por cada cen mil habitantes está por baixo dos 500 casos, en concreto son 475 segundo os últimos datos do Servizo Galego de Saúde. En Soutomaior tamén se reduciu a cifra de novos contaxios, con 63 nas últimas dúas semanas (56 menos que o pasado xoves). Con todo, a incidencia acumulada neste Concello veciño segue alta, por riba dos 850 casos por cada cen mil habitantes. En Pazos de Borbén baixa tamén o número de novos contaxios, que foron 24 nas últimas dúas semanas, o que deixa unha incidencia acumulada de 806 casos por cada cen mil habitantes. Os datos na bisbarra, malia que seguen coa tendencia á baixa, seguen a ser moito peores que no Concello de Vigo. A cidade olívica suma 717 casos novos nos últimos 14 días, e a incidencia acumulada é de 242 contaxios por cada cen mil habitantes, case a metade que Redondela, e sae do risco extremo. É a única cidade galega en baixar dos 250 casos de incidencia acumulada por cada cen mil habitantes. Na nosa comarca o único municipio que está nesta mesma situación é Fornelos de Montes, que nos últimos 14 días rexistra menos de 10 contaxios. Se ben a Xunta de Galicia non especifica o número exacto de casos en Fornelos, si informa que o municipio ten unha incidencia de entre 150 e 250 casos.

No conxunto da comunidade galega alíviase a presión hospitalaria, con 931 ingresados (-85),dos que 205 están en UCI, polo que a presión nos coidados intensivos segue a ser alta. A baixada da incidencia en Galicia levou á Xunta a rebaixar as restricións nalgúns ámbitos.

Novidades nas restricións a partir de mañá mércores 17

-O comercio recupera o horario habitual co aforo ao 50%

-Os centros comerciais seguen pechados na fin de semana

-Abren os restaurantes das estacións de servizo para os transportistas

-Abren instalacións deportivas ao aire libre para a práctica individual

-Volve a competición federada autonómica

-Abren bibliotecas, arquivos, museos, cines, auditorios e salas de exposicións co 30% de aforo

Novidades a partir do luns 22 de febreiro

-Volven as clases presenciais en ensino especial, escolas de idiomas e conservatorios (agás instrumentos de vento e canto)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará