Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

No Día de Rosalía, un libro e unha flor

ROSALIA

Galicia celebra o 24 de febreiro o Día de Rosalía de Castro, no que se conmemora o nacemento da ilustre autora. Este ano, por mor da crise sanitaria da Covid e as medidas de restrición ditadas pola Xunta de Galicia, non será posible realizar actos públicos que impliquen a aglomeración de persoas, como a homenaxe que desde hai anos se celebra na alameda Rosalía de Castro, de Chapela. Por iso, desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, optouse por concentrar as actividades no impulso da campaña “Agasalla un libro e unha flor”, iniciativa promovida pola AELG (Asociación de Escritores/as en Lingua Galega). Unha celebración semellante á de Sant Jordi, en Cataluña, na que tamén se reivindica a cultura como explica Xurxo Martínez, técnico do Servizo de Normalización Lingüística.

Xurxo Martínez, técnico do SNL de Redondela

Ao mesmo tempo que celebrar a data de nacemento de Rosalía de Castro, esta iniciativa ten un claro compoñente de dinamización da economía local, xa que se trata de que a veciñanza merque un libro en galego e unha flor en calquera das librerías e florarías de Redondela. Estarase contribuíndo así “a axudar tamén ao comercio de proximidade nunhas datas tan complicadas para eles”. Logo, para darlle visibilidade ao Día de Rosalía, a veciñanza non terá máis que compartir nas redes sociais, fotos, poemas e flores utilizando o cancelo #DíadeRosalia #RedondelaconRosalía.

Desde o Concello lembran a importancia de celebrar o día de Rosalía de Castro que foi “un exemplo na defensa de Galicia, da nosa lingua e da loita pola igualdade de xénero e a xustiza social”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará