Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior renovará a área deportiva do Peirao cun novo skatepark e pista de baloncesto

ParqueInfografiaSoutomaior

O Concello de Soutomaior quere comezar coa segunda fase da renovación da área recreativa do Peirao. Tras a ampliación do parque infantil e a instalación do circuíto de educación viaria, o goberno local renovará a zona deportiva coa instalación de novos elementos. Os traballos teñen un custo de 48.329 euros, para os que o Concello solicitou a cofinanciación da Xunta de Galicia.

O novo skatepark contará con varios tipos de planos inclinados e ramplas para a práctica de deportes urbanos como bmx, skate, scooter ou roller. Os diferentes trazados da pista estarán adaptados a usuarios de todas as idades, modalidades e niveis de experiencia. Do mesmo xeito, a renovación da pista de baloncesto contará con tres canastras e unhas medidas de 15×11 metros, as regulamentarias para a modalidade de baloncesto 3×3. Pola súa banda, a nova pista de patinaxe estará indicada para a iniciación desta práctica deportiva coa sinalización no pavimento de diferentes exercicios de patinaxe artística. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, xustificou a necesidade de levar a cabo xa esta renovación para ter preparada a zona deportiva antes da chegada do verán, ante a cantidade de usuarios neste espazo durante o período estival. “É unha zona que no verán ten moitísima afluencia porque ofrece moitas posibilidades ás familias, ao lado da praia e cun parque na que os rapaces poden xogar de forma segura e practicar os seus deportes favoritos”, explica Reguera.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará