Cunha incidencia superior aos 250 casos por cen mil habitantes a 14 días, o concello de Redondela sitúase no segundo nivel de restricións anunciado hoxe pola Presidente da Xunta o que suporá a partir deste venres, 26 de febreiro, a reapertura da hostalería ata as 18.00 horas con consumición só en terraza e unha ocupación do 50%. Tamén se permitirán as reunión de ata catro persoas non conviventes e a mobilidade entre concellos que teñan unha incidencia entre 250 e 500 casos.
A situación epidemiolóxica mellora en Galicia e tamén no noso municipio que na última semana conseguiu reducir en 51, o número de casos diagnosticados nos catorce días previos. Así, segundo os datos deste luns do SERGAS os novos casos diagnosticados nas últimas dúas semanas foron 88, o que supón unha incidencia acumulada próxima aos 301. Unhas cifras que situarían a Redondela no segundo nivel de restricións, dos tres, que vén de establecer a Xunta e que se traducirán a partir do próximo venres nun certo alivio das limitacións.
Tamén descenden os contaxios nos concellos limítrofes de Soutomaior, 36 casos a día de hoxe e unha incidencia de 480, e Pazos de Borbén, 11 casos e unha incidencia de 368, pero aínda rexistran unha incidencia acumulada superior aos 250 o que os situaría no nivel dous, ao igual que Redondela e coas mesmas medidas.
En canto á mobilidade entre municipios, permítense os desprazamentos entre os concellos que teñan a mesma incidencia salvo os pertencentes à Area Sanitaria de Pontevedra que só poderán moverse entre eles, como é o caso de Soutomaior.
Non se atopa no mesmo nivel de restricións nin Vigo nin Fornelos de Montes que rexistran unha incidencia por baixo dos 250 casos o que os inclúe no nivel tres de restricións, o máis baixo. Un nivel que ademais da reunión de catro persoas non conviventes e apertura das terraras tamén permite o consumo no interior dos establecementos ata un 30% da capacidade. O horario de peche mantense nas seis da tarde.
Á mobilidade entre concellos con situación semellante de incidencia, hai que engadirlle neste nivel tres a apertura das instalacións deportivas, ximnasios, piscinas, sempre co uso de máscara e medidas de seguridade e a práctica deporte con máscara en grupos de ata catro non conviventes.
Os detalles das medidas especificaranse, segundo o Presidente da Xunta, no DOG deste mércores ou xoves.
Medidas vixentes dende este venres en Redondela e municipios con incidencia superior aos 250 casos:
- Apertura terrazas hostalería ata ás 18.00 horas e ao 50% ocupación.
- Reunións de ata 4 non conviventes.
- Mobilidade entre concellos mesma incidencia.
Para toda Galicia:
- Toque de queda mantense ás 22.00 horas.
- Apertura centros comerciais.
- As clases presenciais nas universidades retomaranse o 1 de marzo, como xa estaba previsto dende a semana pasada. Habilitados cribados para o estudantes.
- Mantense o peche perimetral da Comunidade.