Hoxe é Sábado 21 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cribado no IES de Soutomaior ante a alta incidencia da covid no municipio

ies sou

As autoridades sanitarias veñen de autorizar a realización dun cribado xeral entre o alumnado do centro de ensino de secundaria de Soutomaior coa finalidade de detectar o maior número de persoas asintomáticas neste concello, que dende o venres estará no máximo nivel de restricións dada as cifras de incidencia acumulada que nos últimos catorce días sitúanse por riba dos cincocentos casos por cen mil habitantes.

Dende o centro educativo fan un chamamento á colaboración das familias e os titores legais do alumnado para que autoricen a realización deste cribado co obxectivo de detectar posibles contaxiados de coronavirus e así reducir o avance da pandemia nesta localidade que o venres converterase no único concello de Galicia en nivel máximo de restricións o que suporá o peche da hostalería, a prohibición das reunións entre non conviventes e a limitación da mobilidade fóra do municipio.

Unha decisión que tomaba o comité clínico e que responde, segundo explicaba o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, aos datos de incidencia acumulada. Así, a sete días a incidencia é superior a 250, con 24 novos contaxios detectados pero as cifras empeoran a dúas semanas vista, onde foron 41 os novos diagnosticados o que supón unha incidencia por riba dos cincocentos casos por cen mil habitantes segundo os datos deste mércores do SERGAS.

Conselleiro Sanidade, Julio García Comesaña

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recoñece que a situación “segue sendo preocupante” pero amósase convencido de que será por pouco tempo e insta á cidadanía a seguir “facendo as cousas ben” e cumprindo as normas para conseguir baixar os contaxios como aconteceu no mes de febreiro no que a incidencia acumulada descendeu dos 160 casos aos 40.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará