Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas trasládalle ao novo presidente da Autoridade Portuaria os temas pendentes con Redondela

Digna Rivas e Jesús Vázquez Almuíña 03

O futuro do cargadoiro de mineral Coto Wagner, o Plan de Delimitación de espazos e usos do Porto de Vigo así como o uso da explanada de Duchess ou a reordenación dos accesos á zona portuaria de Rande, foron algúns dos asuntos que se trataron na primeira reunión entre o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, e a Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Unha xuntanza de traballo, na que tamén participaron a concelleira de Urbanismo, María Castro e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, na que solicitaron información sobre a intención do Porto de Vigo de continuar co proxecto de demolición do cargadoiro de Rande. Os responsables municipais trasladáronlle a Vázquez Almuíña o informe dos técnicos no que se conclúe que a restauración da infraestrutura é posible.

Tamén solicitaron información sobre a fase na que se atopa a tramitación do Plan de Delimitación de espazos e usos do Porto de Vigo e preguntáronlle a Vázquez Almuíña se hai algunha novidade con respecto ás alegacións que presentou o Concello de Redondela en 2020 ante o Ministerio de Transición Ecolóxica, ademais de cuestionalo sobre o proxecto de reordenación dos accesos á zona portuaria de Rande e á posibilidade de converter a explanada nun depósito de colectores, ao que a alcaldesa reiterou a “oposición frontal” do goberno local.

Unha xuntanza “cordial e frutífera”, segundo Digna Rivas, que serviu para abordar aqueles temas que afectan ás dúas administracións e que o concello considera “irrenunciables”. A rexedora local amosaba a súa confianza en que, co novo presidente da Autoridade Portuaria, “avancemos nos temas postos sobre a mesa de traballo e que poidamos chegar a un punto de entendemento que dea unha solución definitiva a todos estes temas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará