Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Indignación en Redondela polas pintadas na instalación artística de Alba Casanova

contedor

Os contedores situados na praia da Punta que foran intervidos pola artista redondelá, aparecían a finais da pasada semana pintados con spray azul. Pintadas que nalgún caso tapan por completo a obra de Casanova que ao remate do pasado ano encargárase de darlle unha segunda vida a estes contedores que antes empregaban os traballadores da limpeza de praias para gardar as ferramentas e o material.

Tres contedores aos que a ilustradora, natural de Cedeira, lle dera unha segunda vida mesturando elementos mariños, motivos florais, peixes e elementos propios da biodiversidade da Enseada de San Simón, e que nos últimos meses transformáranse en foco de atracción para os visitantes que se achegan á praia de Cesantes. Arestora continúan as pescudas sobre o autor ou autores das pintadas, que se poderían enfrontar a un delito por danos contra o patrimonio público.

Os concelleiros de Cultura, Daniel Boullosa, e de Medio Ambiente, Roberto Villar, manifestaban publicamente a súa “condena rotunda a este acto repulsivo” e piden a colaboración da veciñanza para poder atopar aos responsables.

Concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa

Un acto vandálico que xa foi denunciado ante a Policía Local por parte do Concello por danos ao patrimonio público e que agora os axentes investigan.

Concelleiro Medio Ambiente, Roberto Villar
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará